Emigrante galego traballador na fábrica de tabacos "El Batey". A Habana, ca. 1915
A produción de tabaco foi unha das principais industrias cubanas da primeira metade do século XX. Os galegos traballaron nas fábricas de tabaco e algúns conseguiron destacar como grandes empresarios como foi o caso de Pedro Murias Rodríguez, Antonio Villamil Santalla ou José Fernández Rocha etc.


