Asado familiar en Bos Aires, ca. 1950
A alimentación foi un elemento clave de sociabilidade. As familias e veciños reuníanse para comer un asado, comida típica do Río da Prata e que os emigrantes trouxeron a Galicia, o famoso churrasco que se implantou na nosa gastronomía. Na emigración, e co paso do tempo, produciuse unha harmoniosa mesturanza dos costumes alimentarios dos emigrantes galegos cos novos hábitos culinarios adquiridos nos países de acollida.


