O compositor

Juanjo Cura é un músico arxentino radicado en Vigo desde 2020. É profesor en Filosofía, Psicoloxía e Ciencias da Educación, director coral e orquestral, compositor e arranxador (obras orquestrais e corais), docente, pedagogo vocal, produtor musical, artístico e discográfico (independente, catro rexistros), editor (representante de Edicións GCC) e actor de dobraxe. Articulista e conferencista. Foi coordinador xeral do Programa de Orquestras e Coros do Ministerio de Educación da Provincia de Santa Fe (Arxentina).


