“especiais” do CCG

Aquí medra a lingua

Reforzar o propio no CPI Virxe da Saleta, Cea

SINOPSE
Unha crise convertida en oportunidade. Así reaccionaron no CPI Virxe da Saleta de Cea ao lume que no 2010 destruiu parte das súas instalacións e que acabou provocando un cambio de rumbo do seu proxecto educativo incorporando máis actividades, máis comunidade e máis galego. Como centro integrado, a rapazada está no colexio dende 4º de Infantil ata 4º da ESO e acaban sendo eles os que motivan ao profesorado recén chegado a falar a lingua propia.

INTERVEÑEN
Alejandro Pico, Alejandro Fernández, Santiago Rodríguez Rodríguez, Andrea Garriga Muñoz, Sandra Pérez Vilas, Francisco M. Paradelo, Carolina Blanco, Maite López Losada e David González.

Gravado en: CPI Virxe da Saleta, Cea
Duración: 9 min
Interveñen: Alejandro Pico, Alejandro Fernández, Santiago Rodríguez Rodríguez, Andrea Garriga Muñoz, Sandra Pérez Vilas, Francisco M. Paradelo, Carolina Blanco, Maite López Losada e David González.


CONTIDO EXPANDIDO

VENTO A FAVOR
Como centro integrado inclúe desde infantil a secundaria xerando un ambiente moi familiar
O claustro está moi implicado nas dinámicas participativas e facilitan as actividades
Hai profesorado con experiencia en audiovisual, música, programación… que levan ao centro
Na contorna existen colectivos colaborativos de música tradicional e defensa do patrimonio

COMO SE ORGANIZAN
No centro desenvolven un proxecto anual para traballar temas como o patrimonio local
Teñen un calendario de actividades estables e incorporan propostas novas cada curso
Tratan de estacionar as actividades para que non interrumpan o tempo lectivo
Contan co alumnado para difundir as convocatorias, explicar os concursos, etc.

ACTIVIDADES CON ÉXITO
Baños de bosque, saídas ao campo
Misterio no Cole de Cea e Aplícate o conto, aplicacións interactivas desenvoltas co alumnado
Serán no cole de Cea, unha festa para a comunidade ao final de cada curso
Revista escolar O Picurí e radio escolar O Roxar

MELLORAS QUE PROPOÑEN
Que a convocatoria para solicitar orzamento para actividades se resolva antes do Nadal
Modificar a Lei para aumentar o número de aulas que se poden dar en galego
Máis materiais de disciplinas de ciencias en galego, tanto en texto como audiovisuais
Aplicar a Lei Paz Andrade achegando a mocidade galega e a portuguesa







Compartir: