«¿Que e a democracia?»
Expóñense os puntos que representaban o proxecto político da Transición: a amnistía, a armazón representativa de partidos, a liberdade de asociación, de sindicación e de manifestación e un estado descentralizado. Case catro décadas de réxime ditatorial crearon hábitos de convivencia e fixo esquecer prácticas democráticas. Un rescaldo transmitido na súa maioría de xeito íntimo que necesitaba reactivarse. Toda a sociedade tivo que perder o medo a converterse en cidadán, ser capaz de expresarse libremente na ágora pública e decidir persoalmente o seu futuro. Os esforzos en clave didáctica sobre o avance que significaba ter dereitos políticos foron numerosos, especialmente nos primeiros anos ata a aprobación da Constitución en decembro de 1978. Poder votar converteuse na ‘festa da democracia’.


