«Entra no Axuntamento. Vota PCG»
Propaganda electoral do Partido Comunista Galego para as eleccións municipais. A mensaxe pretende centrarse en chamar a atención sobre as infraestruturas municipais, nivel administrativo que precisaba nestes anos un reforzamento da súa actuación respecto do Estado central. As primeiras eleccións municipais representaron a designación dos representantes máis achegados á sociedade e, de feito, no marco do camiño do proceso de transición foron as últimas en ser realizadas. A estrutura territorial do poder mudou: partindo do paradigma da xestión ‘delegada’ do poder central, a autonomía dos poderes locais incrementouse coa elección dos seus representantes.


