Ficha de socio protector
Os socios protectores eran unha figura importante para o sempre escaso financiamento do Seminario de Estudos Galegos, prevista xa no deseño inicial do centro dentro dos esquemas da cultura filantrópica da altura. Os socios protectores decidían a cota coa que anualmente contribuían ao mantemento da entidade.


