Fichas de patrimonio do Deza (I)
O traballo do SEG durante as xeiras de investigación eran moi sistemáticas e pasaban polo inventariado e documentación dos lugares patrimoniais visitados, que podían corresponder a diferentes épocas, desde a prehistoria ata os pazos, igrexas, cruceiros ou mosteiros. De cada un destes espazos elaborábanse fichas das que se conserva certa documentación gráfica, como é o caso do Deza.


