Algunhas normas pra a unificazón do idioma galego
O Seminario de Estudos Galegos foi un "impulsor decisivo", en palabras de Henrique Monteagudo, na utilización do galego no ámbito académico e, como era lóxico, preocupouse por acoutar e definir o idioma que ía ser empregado nas publicacións. Os primeiros pasos neste sentido déronse xa desde a fundación da entidade en 1923 pero a partir de 1928 iniciu un proceso de elaboración dunha proposta de codificación do idioma que culminaría en 1933 con este documento. Segundo Monteaguro, "na súa modestia, supoñen a primeira proposta normativa para o galego realizada por unha institución".


