“especiais” do CCG

O funcionamento do SEG

Epístola de Francis Bacon a Filgueira Valverde

Unha clave do SEG é que foi converténdose gradualmente en interlocutor de investigadores do ámbito internacional que se interesaban por aspectos da cultura galega, desde a literatura medieval ata a etnografía, a xeografía, a antropoloxía ou a musicoloxía. Esta intrigante carta de 1932 dá conta da visita do investigador Francis Bacon a Galicia e do interese de Filgueira Valverde en "obter un "instrumento para a gravación da música popular de Galicia". Bacon afirma que o vai poñer en contacto co profesor Federico de Onís, da Columbia University, tamén interesado nas "cancións e na música popular de España". Ata o momento descoñécese se se trata dun interese persoal de Filgueira Valverde ou dun propósito do SEG de realizar gravacións de música tradicional de xeito sistemático, nunha data tan temperán.

Compartir: