Xosé Otero Abeledo, “Laxeiro”
Voces centenarias
A visión da arte e da vida do gran pintor, sempre acompañada de humor
Laxeiro é o nó fundamental na arte galega do século XX. As influencias que el recibe (Goya, Tiziano, Picasso) sénteas e reformúlaas ata dar cun estilo único e identificable para sabios e profanos, dentro do movemento renovador das vangardas artísticas galegas.
Presentamos tres gravacións que se conservan no Arquivo Sonoro de Galicia: dúas entrevistas e unha charla. Baixo o sentido crítico que translocen, sempre asoma a rexouba, signo inequívoco da personalidade do pintor lalinense. Tamén Laxeiro, con enorme gratitude, recorda á súa mestra de Botos, Teresa López, como a persoa fundamental que o estimula para que emprenda o camiño artístico.
Nesta entrevista, conducida polo xornalista Manuel Lombao, en marzo de 1983, preséntase a traxectoria vital de Laxeiro: Cuba, Bos Aires, Madrid, Vigo e Lalín, espazos onde desenvolve o seu labor pictórico. Detense no Museo do Prado, fonte inesgotable das súas influencias; particularmente, Goya. O pintor, que en ocasións é coñecido como “o Picasso galego”, non elude citar cales son, para el, os artistas senlleiros do país.
Duración: 43' 43''
Sinatura: ACCP00539_01
Fondo: RNE. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG
O 8 de novembro de 1988 celébrase este encontro público de Laxeiro co gallo da súa exposición no Kiosco Alfonso da Coruña. A conversa xira ao redor do significado da arte e porfía na necesidade de que o artista debe mirar no seu interior máis alá de calquera influencia externa. Cun excelente humor e unha simpatía farturenta, Laxeiro ofrécese a contestar ás preguntas do público nunha parola espontánea.
Duración: 38'53''
Sinatura: ACCP00512_01

Ofrécese un fragmento da entrevista que Antón Mascato lle fai a Laxeiro na cafetería Goya de Vigo en 1983 para a revista Can sen dono. Con bo oficio, o xornalista deixa que o pintor fale e opine da súa pintura, do ambiente e do mercado artístico galegos, da necesidade de artellar a ensinanza das artes. Nesta parte que escoitamos, aparece un Laxeiro moi crítico coa situación cultural galega.
Duración: 23'18''
Sinatura: ANMA- ENT/18
Fondo: Colección Antón Mascato. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG

Unha traxectoria vital

Respondendo ao público

Crítico coa situación da cultura