A redución do uso de antibióticos: un reto para a gandería
Vídeo de divulgación científica (11´ 23´´). Inmaculada Orjales fala no DivulgaTerra 2016 de como as explotacións gandeiras deben intentar reducir o emprego de antibióticos e das vantaxes que iso ten para elas.
A tuberculose, unha doenza do pasado?
Bacterias
Esta peza forma parte do proxecto educativo “Medio minuto de ciencia en galego”, promovido polo ENDL do IES Milladoiro (Ames).
Colibacilose porcina: diagnóstico microbiolóxico, resistencia a antibióticos e vacinación
Vídeo de divulgación científica (10´ 41´´). Gonzalo López Lorenzo fala no DivulgaTerra 2016 sobre a diarrea dos leitóns e a importancia que a bacteria Escherichia coli ten nesta enfermidade. Partindo do seu traballo de fin de grao, identifícanse os xenes patóxenos, factores de virulencia máis frecuentes e resistencia aos antimicrobianos que presentan as distintas cepas de Escherichia coli.
Como falan as bacterias
Vídeo de TED (18' 59''). Bonnie Bassler descubriu que as bacterias "falan" entre elas, usando unha linguaxe química que lles permite coordinar a súa defensa e os seus ataques. O achado tivo incribles implicacións para a medicina, industria— e sobre o coñecemento de nós mesmos.
Tradución ao galego de Andrea Muras para TedSaúde 2016.
Como podemos resolver a crise de resistencia aos antibióticos?
Tradución ao galego de Andrea Ínsua Ramos para TedSaúde 2022.
Como un virus xa esquecido nos pode axudar a pór fin á crise dos antibióticos
Vídeo de TED (10´ 42´´) no que Alexander Belcredi nos explica que, a pesar da mala reputación que teñen os virus, algúns deles poderían ser beneficiosos para a saúde. Refírese concretamente aos fagos, uns virus naturais que destrúen as bacterias de xeito moi preciso e logran curar doenzas infecciosas. Desde o punto de vista médico, trátase dun descubrimento moi esperanzador para a loita contras as bacterias resistentes aos antibióticos.
Tradución ao galego de Alberte Regueira para TedSaúde 2019.
Da penicilina á Covid-19: grandes científicas na sombra
Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2020.
Illando a diversidade
Vídeo didáctico (9' 15'') no que Ana Otero, Sabela Balboa e Carlos Rodríguez Osorio, docentes da Universidade de Santiago de Compostela, nos amosan a técnica de laboratorio para conseguir un cultivo puro de bacterias.
A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.
Moitas enfermidades comúns comezan na boca
O accidente que cambiou o mundo
como Alexander Fleming descubriu en 1928 a penicilina, un fito científico que deu lugar ao posterior desenvolvemento de antibióticos que mudaron completamente o tratamento das infeccións bacterianas, revolucionando deste xeito a historia da medicina.
Tradución ao galego de Sheila Recarey para o TedSaúde 2023.


