Ciclo - Palestras Maxistrais. 10 de xaneiro - 25 de marzo de 2008

Palestras Maxistrais

Ciclo

Palestras Maxistrais

10 de xaneiro - 25 de marzo de 2008
Ciclo

Palestras Maxistrais

10 de xaneiro - 25 de marzo de 2008
O ámbito científico e o ámbito cultural sempre camiñaron da man. A ciencia constitúe un elemento esencial da cultura que serve para achegar ideas ás grandes problemáticas de todos os tempos. O Consello da Cultura Galega, a Dirección Xeral de I+d+i da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e as tres universidades galegas organizan o ciclo de Palestras Maxistrais co obxectivo de que grandes expertos do sistema científico e universitario do noso país compartan a súa visión da evolución cultural e científica de Galicia dende cadansúa disciplina. Estas tribunas permitirán periodicamente a presenza de destacados persoeiros que exporán os seus puntos de vista científicos vinculándoos coa tradición cultural galega e co futuro do país. Un recoñecemento da cultura galega á súa excelencia científica e intelectual.
Ficha técnica 
Ciclo
Palestras Maxistrais
Cando
10 de xaneiro - 25 de marzo de 2008
Organiza
Consello da Cultura Galega