Congreso - I Congreso Luso-Galego de Estudos Xornalísticos. 29 e 30 de outubro de 2002

I Congreso Luso-Galego de Estudos Xornalísticos

Congreso

I Congreso Luso-Galego de Estudos Xornalísticos

29 e 30 de outubro de 2002
Santiago de Compostela
Congreso

I Congreso Luso-Galego de Estudos Xornalísticos

29 e 30 de outubro de 2002 Santiago de Compostela
Das miradas actuais sobre as Ciencias da Comunicación, a do espazo da lusofonía ten trazos propios cunha identidade moi definida. A comunidade formada polos pobos de fala portuguesa, con Galicia como país ponte, cun pé no mundo lusófono e outro no mundo hispano, reflexionou nos últimos vinte anos sobre as principais cuestións do tecido comunicativo. E non só debateu, analizou e propuxo, senón que fixo achegas que contribuíron ao avance científico.
A cooperación entre Galicia e Portugal no campo da comunicación só pode resultar beneficiosa para as dúas partes. Hai moitos desafíos e tarefas que realizar. E a Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega quere favorecer esa cooperación e esas accións concretas que permitan acometer os retos que deben afrontar os dous países no eido da comunicación.
A Comunicación e a Cultura tamén hai que pensalas e repensalas desde a lusofonía, un proxecto común no que Galicia e Portugal teñen moito que dicir.
Ficha técnica 
Congreso
I Congreso Luso-Galego de Estudos Xornalísticos
Cando
29 e 30 de outubro de 2002
Onde
Santiago de Compostela
Organiza
Consello da Cultura Galega