24-29 de setembro de 2001
No 2001 cúmpríronse sesenta anos do exilio de Bibiano Osorio Teffal, o que fora o primeiro alcalde de Pontevedra elexido de xeito democrático. Por este motivo o Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo organizaron un Congreso que se desenvolveu do 25 ó 27 de setembro co que pretenderon restaurar a memoria dun momento da nosa historia. Restaurar a memoria dos centros de demócratas galegos exiliados foi un dos obxectivos do congreso que do 25 ó 27 deste mes se celebrará no Pazo de Congresos de Pontevedra. Un congreso coordinado por Xosé Henrique Acuña, Luis Domínguez Castro e Xosé Abilleira, no que colabora a CIG Emigración ea Aula Castelao de Filosofía. O congreso parte da celebración do sesenta aniversario do desterro de Osorio Taffal, quen foi alcalde de Pontevedra logo dos primeiros comicios do ano 1932 (no que non había sufraxio universal).