II Encontros Cultura e Concellos

Encontro.

II Encontros Cultura e Concellos

23-24 de xuño de 2000
Santiago de Compostela
Encontro

II Encontros Cultura e Concellos

23-24 de xuño de 2000 Santiago de Compostela
Dende o Consello da Cultura Galega, así como dende a plataforma dos Encontros de Cultura e Concellos, parecíanos unha iniciativa relevante a de propoñerlle a algúns expertos que elaborasen e presentasen unha reflexión específica sobre destes novos itinerarios e estas novas prácticas que definen a vocación recente dunha cultura que emerxe como un feito secularizado e que opta por facerse mestiza con varios outros ámbitos da vida social e económica. Para algúns será unha renuncia e unha perda das súas esencias, para os máis trátase de recoñecer a inexorabilidade de que o feito das mestizaxes está no sentido mesmo da nosa historia e a nosa cultura. Non é coa alfaia impoluta dun concepto escindido de cultura coa que se aran as terras do futuro. Cultura e comunidade, cultura e territorio, cultura e cidades, cultura e desenvolvemento local… son algunhas das posibilidades de encontro que permiten conxugar os novos vieiros e os novos sentidos da acción cultural nestes nosos tempos.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
Ficha técnica 
Encontro.
II Encontros Cultura e Concellos
Cando
23-24 de xuño de 2000
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Organiza
Consello da Cultura Galega