Foro - O voto emigrante. 1 de febreiro de 2008

O voto emigrante

Foro

O voto emigrante

1 de febreiro de 2008
Santiago de Compostela
Foro

O voto emigrante

1 de febreiro de 2008 Santiago de Compostela
No marco das actividades que o Arquivo da Emigración Galega (Consello da Cultura Galega) promove arredor do feito migratorio, foi organizado un Foro de Debate sobre un tema daquela e mesmo actualmente moi candente, como é o da participación política dos emigrantes nos comicios electorais realizados en Galicia en todos os seus niveis (municipais, autonómicos e xerais). O Foro tivo lugar o día 1 de febreiro de 2008, coordinado por Ramón Villares e X. M. Núñez Seixas (da Comisión Técnica do Arquivo). Alén de expertos e dirixentes políticos galegos, o Foro contou con dous relatores que presentaron as liñas xerais do asunto, en perspectiva comparada. Por parte de Galicia, o xornalista Anxo Lugilde e, desde a outra beira do Atlántico, o profesor mexicano Carlos M. Navarro Fierro.
O debate foi moi intenso, cunha participación ampla de todos os asistentes. Entre eles estaban, entre outros, Marisol Soneira e Xaquín F. Leiceaga, como representantes do PSdeG-PSOE; José Manuel Castelao Bragaña, representante do PP; Carlos Aymerich, representante do BNG; Lino Pellitero (Instituto para a Proxección e Análise Exterior, IPAEX); Javier de Bidegaín (Secretaría Xeral de Exteriores, Xunta de Galicia); Antón Baamonde, ensaísta e profesor de Filosofía; Ruth Ferrero Turrión, profesora de Ciencia Política da UNED; e X. L. Rodríguez Pardo, fundador do PSdeG.

Ficha técnica 
Foro
O voto emigrante
Cando
1 de febreiro de 2008
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Organiza
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Consello da Cultura Galega