Presentación - Presentación do libro «Kid Salvaxe». Venres, 11 de xullo de 2014 ás 12:00

Presentación do libro «Kid Salvaxe»

CCG. Acolle | Presentación

Presentación do libro «Kid Salvaxe»

Venres, 11 de xullo de 2014 ás 12:00
Santiago de Compostela
CCG. Acolle | Presentación

Presentación do libro «Kid Salvaxe»

Venres, 11 de xullo de 2014 ás 12:00 Santiago de Compostela

A biblioteca do Consello da Cultura, acolle o venres 11 de xullo ás 12:00 horas, a presentación de Salvaxe Kid, editado por Xerais.


A editora, conta no seu web que Salvaxe Kid de Carlos Reigosa "tráenos o arrecendo dunha poesía –velaí a cita introdutoria do máis que admirado Bob Dylan: «Failles caso ás túas lembranzas / porque nunca poderás vivilas de novo»– que nos aproxima, polos camiños certos da nostalxia, a un Jack Kerouac, aquel de quen aprendeu Allen Ginsberg e que se reivindicaba a si mesmo como «un poeta jazzista que sopra un longo blues durante unha sesión de jam na tarde dun domingo». Por algo Bob Dylan acabou recoñecendo que fora a poesía de Kerouac a que o impulsara a dedicarse ao mundo da troba. E por algo e por todo debemos nós agora adentrarnos na vida das palabras que foi tecendo Carlos Reigosa".

Temáticas
Ficha técnica 
CCG. Acolle | Presentación
Presentación do libro «Kid Salvaxe»
Cando
Venres, 11 de xullo de 2014 ás 12:00
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

LUGAR
Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela