As Palmas de Gran Canaria, do 17 ao 30 de xuño de 2011
A exposición itinerante NÓS MESMOS. ASOCIACIONISMO GALEGO NA EMIGRACIÓN, organizada polo Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo da Emigración Galega, e en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.
A exposición resume máis dun século de historia do asociacionismo galego na emigración, que cristalizou nos primeiros anos do século XX, particularmente en Arxentina e Cuba. “A experiencia compartida da emigración é a pedra fundante do edificio do asociacionismo. E éste é o motivo central desta exposición temática, dedicada a rastrear a particular historia da identificación e afirmación das colectividades galegas no exterior. Que o seu título sexa “Nos mesmos”, alén dun vago aceno irlandés, indica ben ás claras que o que se pretende subliñar é xustamente, esta capacidade da emigración galega para autoorganizarse nos seus lugares de destino”, afirma Ramón Villares Presidente do Consello da Cultura Galega.