Esta exposición retrata a Galicia dos emigrantes: a real e a idealizada. Faino a través de vinte paneis que permiten visualizar a influencia da emigración na creación da imaxe da Galicia no século XIX. A exposición Galicia Imaxinada establece o seu discurso coa revisión de revistas porteñas como Céltiga, Suevia e Almanaque Gallego, xunto coas habaneiras Eco de Galicia e Tierra Gallega, entre moitas outras. Unha mostra que, alén de reconstruír a Galicia dos emigrantes: símbolos, tradicións e tópicos, permite tamén acadar unha imaxe completa da cultura visual da época.