Simposio ILG 2017. Calen barbas, falen cartas. A escrita en galego na Idade Moderna.

Simposio.

Simposio ILG 2017. Calen barbas, falen cartas. A escrita en galego na Idade Moderna.

20, 21 e 22 de novembro de 2017 - Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da USC
Santiago de Compostela
Simposio

Simposio ILG 2017. Calen barbas, falen cartas. A escrita en galego na Idade Moderna.

20, 21 e 22 de novembro de 2017 - Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da USC Santiago de Compostela

Co título de "Calen barbas, falen cartas. A escrita en galego na Idade Moderna", o Simposio ILG 2017 convocará entre o 20 e o 22 de novembro especialistas de diversas ramas do saber para abordaren desde cadanseu punto de vista a análise da produción escrita en lingua galega ao longo dos séculos XVI, XVII e XVIII. Elementos básicos desta análise serán, entre outros, a contextualización histórica e sociolingüística dos textos, a reconstrución da súa xénese e transmisión, a súa edición, a descrición e análise da lingua empregada neles, e o deseño de ferramentas para a análise e explotación dos datos lingüísticos que conteñen. Polo demais, o Simposio reservará un espazo para a presentación pública de Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna, un proxecto desenvolvido ao longo dos últimos anos no Instituto da Lingua Galega, así como para a reflexión sobre os desafíos que implica a construción de corpus especializados.


O Simposio está organizado polo Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela) en colaboración co Consello da Cultura Galega.


Máis información e inscrición: http://ilg.usc.gal/actividades/simposio-ilg-2017

ASISTENCIA

INSCRICIÓN


Taxa de inscrición xeral: 30€


Tarifa reducida: 15€ (estudantes, desempregados e pensionistas)


Número de conta para efectuar o ingreso: 0049 2584 90 2214002210 (concepto: Simposio-ILG 2017)


Formalización da inscrición:


De modo presencial no Instituto da Lingua Galega


Por correo electrónico (simposioilg2017@gmail.com (link sends e-mail))   


Por correo postal (Instituto da Lingua Galega, Praza da Universidade 4, 15782 – Santiago de Compostela)


En calquera dos tres casos é preciso achegar o formulario de inscrición, que pode descargarse nesta páxina, e o xustificante de pagamento. Ademais, no caso de tarifa reducida deberase achegar algún xustificante da situación (matrícula de estudos, cartón de parado etc.).


O prazo de inscrición remata o día 20 de novembro ás 12.00 horas.


Máis información: http://ilg.usc.gal/actividades/simposio-ilg-2017

LUGAR

LUGAR
Salón de Graos
Facultade de Filoloxía da USC
Avda. Castelao, s/n
Campus Norte
Santiago de Compostela

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
http://ilg.usc.gal/actividades/simposio-ilg-2017
www.consellodacultura.gal

Programa
Cartel Simposio
Cartaz en PDF
Ficha técnica 
Simposio.
Simposio ILG 2017. Calen barbas, falen cartas. A escrita en galego na Idade Moderna.
Cando
20, 21 e 22 de novembro de 2017 - Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da USC
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Salón de Graos
Facultade de Filoloxía da USC
Avda. Castelao, s/n
Campus Norte
Santiago de Compostela

Organiza
Instituto da Lingua Galega
Colabora
Consello da Cultura Galega