Os arquivos sonoros: memoria e patrimonio

Seminario.

Os arquivos sonoros: memoria e patrimonio

5 e 6 de febreiro de 2020
Santiago de Compostela
Seminario

Os arquivos sonoros: memoria e patrimonio

5 e 6 de febreiro de 2020 Santiago de Compostela
O Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega obedece á sensibilidade impulsada pola UNESCO desde que en 1980 recoñeceu que os documentos audiovisuais, nos cales se inclúe o son, forman parte da herdanza da Humanidade. Responde así ao interese por salvagardar os sons naturais e artificiais que conforman a ecoesfera terrestre en Galicia e que, na maioría dos casos, se perden no mesmo momento de producirse. Os primeiros pasos para gardar o son apenas teñen cen anos, dende que a radio, a industria discográfica, os artistas sonoros e audiovisuais e mesmo os investigadores da palabra falada comezaron a facer as primeiras gravacións, na maioría dos casos desaparecidas pola falta de sensibilidade ou de medios tecnolóxicos. Coa dixitalización ábrese unha vía para a conservación dos antigos materiais producidos en soportes analóxicos e un camiño para a conservación dos novos, que facilitará a conservación de rexistros sonoros que desaparecen pola evolución fisiolóxica das persoas, o cambio climático ou se extinguen pola evolución tecnolóxica e a desaparición de rutinas produtivas artesanais.

Neste momento, o Arquivo Sonoro de Galicia conta con máis de 20 000 rexistros sonoros, procedentes de adquisicións e doazóns entre os que se atopan 7000 rexistros, das emisións de RNE en Galicia ao longo da segunda metade do século XX. Unha das xoias do ASG é a colección de máis de setecentos discos de pedra producidos en Galicia ou con contidos galegos, moitos dos cales xa se poden oír na web do Arquivo. As “lousas” son pezas únicas, cunha tiraxe de 200 exemplares que non son exactamente iguais entre si. Na maior parte son gravacións impulsadas dende a emigración para levar a América os sons de Galicia.

Este Seminario sobre Memoria e Patrimonio está dirixido a persoal do ámbito arquivístico, comunicativo, investigador, historiador e persoas en xeral interesadas no estudo e conservación sobre o patrimonio sonoro. Con el preténdese concienciar sobre o valor identitario do son e afondar nas técnicas de dixitalización que permitan a súa conservación para o futuro da man de recoñecidas especialistas con longa experiencia na preservación do son, na radio como fonte documental sonora, o son como creador de identidade, a análise acústica perceptiva e afectiva das paisaxes sonoras e os mapas sonoros como recurso colaborativo para a identificación acústica dun país.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia ao seminario.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Seminario.
Os arquivos sonoros: memoria e patrimonio
Cando
5 e 6 de febreiro de 2020
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Xosé Ramón Pousa
Relator/a
Ángeles Afuera
Xabier Erkicia
Manuel Gago
Paulo Marques
Xosé Ramón Pousa
Íñigo Sánchez Fuarros
Javier Suárez Quirós
Miquel Termens Graells
Organiza
Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)