Ciclo en liña - Creación e xestión cultural nas letras. Luns, 25 de marzo de 2020

Creación e xestión cultural nas letras

Diálogos confinados

Creación e xestión cultural nas letras

Diálogos confinados (5)

Luns, 25 de marzo de 2020
Santiago de Compostela
Ciclo en liña
Nesta quinta entrega de Diálogos confinados, Dolores Vilavedra, coordinadora da Sección de Música e Artes Escénicas do CCG, dialoga con:

Yolanda Castaño
Poeta, filóloga, tradutora, videocreadora e unha activa e premiada xestora cultural coa súa propia Residencia para Escritores/as na Coruña. Dende 2009 dirixe obradoiros literarios, obradoiros internacionais de tradución poética, festivais e ciclos mensuais de poesía sempre con autores/as galegos/as e internacionais.
Eva Mejuto
Xestora cultural e autora. Desenvolveu a súa vida laboral no eido editorial (Kalandraka e OQO) e desde hai tres anos, é xestora cultural da empresa Capicúa que se encarga de, entre outras, a organización do Salón do Libro de Pontevedra.

Este encontro sobre creación e xestión cultural no eido das letras xuntou a dúas autoras con ampla bagaxe no mundo da xestión cultural e creación literaria ben dende a poesía (Yolanda Castaño) ou dende a obra destinada a público infantil e familiar (Eva Mejuto). Ambas as dúas autoras fixeron fincapé na febleza xa previa do sistema cunha alta precariedade e que se agudizou coa parálise derivada do covid-19. A reconfiguración de eventos, a convivencia necesaria do virtual co real, a necesidade de adaptación á nova situación e evitar a terrible inercia da gratuidade foron algúns dos asuntos sinalados.

Indicáronse, ademais, unha serie de medidas concretas para axudar a encamiñar esta situación actual do sector neste momento de incerteza e que pasan pola dignificación do oficio da escrita (sen a cal non hai industria editorial, nin bibliotecas nin investigación, nin historia da literatura); a organización das tarifas; o estabelecemento de axudas públicas á creación literaria; un compromiso institucional firme para que a cultura, como o turismo, sexa unha prioridade para o país e a apelación á responsabilidade individual como público de valorar este traballo cultural, de consumilo, de asistir aos eventos, de compensar o esforzo das creadoras e creadores que ofreceron e ofrecen contidos culturais para o goce da cidadanía.

Ficha técnica 
Ciclo en liña
Diálogos confinados
Creación e xestión cultural nas letras
Diálogos confinados (5)
Cando
Luns, 25 de marzo de 2020
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Modera
Dolores Vilavedra
Participante
Yolanda Castaño
Eva Mejuto