Ciclo en liña - Diálogos confinados (10): As artes escénicas. Luns, 29 de xuño de 2020

Diálogos confinados (10): As artes escénicas

Diálogos confinados

Diálogos confinados (10): As artes escénicas

DIÁLOGOS CONFINADOS (10)

Luns, 29 de xuño de 2020
Santiago de Compostela
Ciclo en liña
Nesta novena entrega de Diálogos confinados,
Natalia Balseiro, mediadora cultural e integrante da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do CCG, dialoga con:

Juan Rodríguez
Socio fundador de Caramuxo teatro, compañía con 17 anos de traxectoria no teatro para a infancia e a xuventude con espectáculos como “Feo”, “Mensaxe sen botella”, “Glub,glub”, “Zapatos” ou “Redondo”. O pasado ano, compaxinou o traballo en Caramuxo coa creación de Pedras de Cartón, unha nova compañía para explorar os clásicos da literatura cunha mirada diferente. Na actualidade exerce como presidente de Escena Galega, a asociación de empresas teatrais galegas, que conta na actualidade con 38 compañías asociadas.


Caterina Varela
Bailarina e xestora cultural. Codirixe, xunto a Alexis Fernández, a compañía de danza La Macana, coa que levan creando proxectos escénicos que gozan dunha importante proxección e recoñecemento internacional dende fai máis de dez anos.
É coordinadora do proxecto de Programación Expandida TRCDanza e forma parte do Colectivo RPM, composto por artistas cunha ampla traxectoria na creación contemporánea de Galicia. Dende 2019 tamén coordinan a través de Colectivo RPM a Aula de Danza da Universidade da Coruña.


Neste décimo encontro, as artes escénicas centran un debate marcado pola incerteza, contratempos e o parón de actividade inicial dun sector profundamente afectado polo confinamento. Porén, e pese a ese parón inicial, a contratación prevista para este verán 2020, particularmente para espazos públicos e rúa, parece consolidarse como mellor ca outros anos, non así no caso de contratación para escenarios pechados. A fortaleza do sector asociativo cun incremento de compañías asociadas e encontros colectivos interdisciplinares están a dar lugar a un músculo asociativo máis híbrido, permeable e plural que podería transformar a tradicional competencia dos axentes culturais en cooperación interdisciplinar. A busca de alternativas aos macroeventos; pensar máis nos procesos ca nos produtos; un regreso a prácticas vellas que foron afogadas por novas tendencias máis comerciais e que agora esixen unha ollada ao pasado; repensar as escalas de público; entender a importancia do público partícipe do feito cultural e da formación da cidadanía crítica nas escolas; a valoración da cultura dende a programación didáctica das aulas ou a necesidade dunha maior interlocución co sector por parte da Administracion para planificar as políticas culturais públicas foron algúns dos temas abordados.

Ficha técnica 
Ciclo en liña
Diálogos confinados
Diálogos confinados (10): As artes escénicas
DIÁLOGOS CONFINADOS (10)
Cando
Luns, 29 de xuño de 2020
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Participante
Juan Rodríguez Santiago
Caterina Varela
Modera
Natalia Balseiro Rodríguez