Ciclo en liña - 15. Mario Caciagli: Orixe, apoxeo e ocaso dunha subcultura política territorial. As rexións vermellas en Italia.

15. Mario Caciagli: Orixe, apoxeo e ocaso dunha subcultura política territorial. As rexións vermellas en Italia

Os xoves (RE)PENSAMOS

15. Mario Caciagli: Orixe, apoxeo e ocaso dunha subcultura política territorial. As rexións vermellas en Italia


Santiago de Compostela
Ciclo en liña
O politólogo da Universidade de Florencia, Mario Caciagli, ofrécenos neste texto unha interesante reflexión sobre o significado do concepto subcultura política e a súa aplicación a un espazo concreto, a Toscana. A cultura política, definida polo pensamento e as ideas da cidadanía, está formada por varias subculturas que se corresponden con territorios. Neste caso fai referencia á subcultura vermella do norte italiano. Unha rexión onde primeiro o socialismo e, despois da derrota do fascismo en 1943, a omnipresencia do Partido Comunista, creou un laboratorio onde o esquerdismo se fixo forte e contribuíu a construír o mito do progreso, da emancipación obreira e campesiña e da democracia.
Comeza o escrito explicando que se entende, desde a ciencia política, por cultura política: “A manifestación de opinións e actitudes de individuos, ideas e valores”. A análise territorial leva a poñer a lupa na Toscana, unha das principais rexións esquerdistas da Europa posterior a 1945, xunto á Turinxia e Saxonia alemanas, e á periferia de Viena en Austria e de París en Francia. En todas elas, os comunistas recolleron a herdanza socialista dos anos vinte e construíron o mito da “rexión vermella” que foi esmorecendo a partires da década de 1980 e derrubándose a partires de 1991, coa caída do muro de Berlín e o “paraíso” soviético: “A revolución rusa era un dos mitos fundadores do partido e un valor persistente da cultura vermella da posguerra”. O antifascimo, elemento hexemónico e de unión até ese intre, deixou de ter sentido: “A caída do muro de Berlín e o afundimento dos sistemas do leste levaron ao cambio de nome do partido que abandonou o comunista despois de setenta anos”. O único que lle queda á subcultura vermella italiana é a oposición a Silvio Berlusconi, é dicir, non un intento de crear unha nova sociedade, senón de frear unha tormenta ideolóxica que se aveciñaba en 2010 e que descargou con toda a súa forza en 2019 co triunfo de Mateo Salvini da Liga Norte.


Mario Caciagli
Ficha técnica 
Ciclo en liña
Os xoves (RE)PENSAMOS
15. Mario Caciagli: Orixe, apoxeo e ocaso dunha subcultura política territorial. As rexións vermellas en Italia
Cando

Onde
Santiago de Compostela
Relator/a
Mario Caciagli
Organiza
Consello da Cultura Galega