Ciclo en liña - 16. Donatella della Porta: “Introdución ao conflito, a cidadanía, os movementos sociais e a sociedade civil”.

16. Donatella della Porta: “Introdución ao conflito, a cidadanía, os movementos sociais e a sociedade civil”

Os xoves (RE)PENSAMOS

16. Donatella della Porta: “Introdución ao conflito, a cidadanía, os movementos sociais e a sociedade civil”


Santiago de Compostela
Ciclo en liña
As mobilizacións sociais, en forma de protesta directa a través de manifestacións, forman parte da historia dos últimos séculos. Desde que o súbdito pasou a ser cidadán, as esixencias ao poder leváronse a cabo, antes que co sufraxio, coa voz e a ocupación do espazo público. O anticlericalismo decimonónico marca o comeza do ciclo de protestas sociais contemporáneas, que chega á actualidade a través das manifestacións contra o G-8, o FMI ou as máis recentes do 15-M.
A socióloga italiana Donatella della Porta reflexiona nesta intervención sobre o significado da protesta e a súa inclusión dentro dos estudos dos movementos sociais. Sinala como, de feito, as mobilizacións actuais non son espontáneas e dependen das anteriores, as dos anos noventa e incluso as primixenias dos sesenta, nas que o ecoloxismo, o feminismo ou os dereitos civís se converteron en protagonistas das loitas de varias xeracións. En todas elas, e así se estudan desde as ciencias sociais, son centrais os movementos transnacionais, exemplificados pola conferenciante nas ONG: “Os estudosos das organizacións dos movementos sociais, das ONG e da sociedade civil, tamén se apresuraron a estender o seu ámbito de interese á nova dimensión supranacional destas mobilizacións, mediante conceptos como organizacións transnacionais, ONG internacionais e sociedade civil mundial”. O que marca a saída e canaliza as frustracións é o conflito, termo que para Della Porta se converte en medular: “A tradición europea considera os novos movementos sociais como potenciais portadores dun outro conflito de importancia fundamental nas nosas sociedades postindustriais ou, polo menos, dun abano de conflitos emerxentes”.
Na segunda parte da intervención analiza, a través de diferentes enquisas e casos particulares, a visión real de toda esta teoría sociolóxica. Así, as organizacións articulan as súas inquedanzas ao redor dos dereitos humanos e a xustiza social, abranguendo a loita feminista, ecoloxista ou do terceiro mundo. Foi o devalo do estado de benestar o que deu a idea da catástrofe que se aveciñaba poñendo “deste xeito os dereitos sociais no centro dos conflitos”, e a aparición de novos actores que se significan por unha nova política ou “política alternativa”.


DONATELLA DELLA PORTA
Documento
Publicación
sentido(s) da(s) cultura(s)¬O(s)
O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)
Ramón Máiz Suárez, Compilación. | 2012
Ficha técnica 
Ciclo en liña
Os xoves (RE)PENSAMOS
16. Donatella della Porta: “Introdución ao conflito, a cidadanía, os movementos sociais e a sociedade civil”
Cando

Onde
Santiago de Compostela
Relator/a
Donatella della Porta
Organiza
Consello da Cultura Galega