Artes escénicas - Té con Kant, de Inversa Teatro. Sábado, 26 de setembro ás 19:00 horas

Té con Kant, de Inversa Teatro

Festival de Filosofía

Té con Kant, de Inversa Teatro

Sábado, 26 de setembro ás 19:00 horas
Santiago de Compostela
Artes escénicas
Festival de Filosofía

Té con Kant, de Inversa Teatro

Sábado, 26 de setembro ás 19:00 horas Santiago de Compostela
Té con Kant é un espectáculo escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez e interpretado por María Roja e Marta Pérez. É un proxecto experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia.

Johanna Gottfried e Theodora Krauss son dúas mulleres ilustradas chegadas á nosa época nunha viaxe no tempo desde a Prusia do S. XVIII. Unha vez aquí tentarán exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión (e acción) do público asistente ao redor da problemática moral nos nosos días, a partires das ideas do seu amigo o filósofo Inmanuel Kant. A última palabra sobre o destino destas personaxes dependerá unicamente do público asistente que deberá tomar unha decisión seguindo o Imperativo Categórico Kantiano . Atréveste a pensar con nós?
Ficha técnica 
Artes escénicas
Festival de Filosofía
Té con Kant, de Inversa Teatro
Cando
Sábado, 26 de setembro ás 19:00 horas
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Parque de Bonaval

Participante
Carme Adán Villamarín
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento (CCG)