Fóra do común. Espiritualidade, Resiliencia e Rexeneración nas rutas de peregrinaxe de Europa e Xapón
Tokyo (Xapón) - 19 e 20 de maio de 2022Tokyo
O Consello da Cultura Galega colabora coa organización do Simposio "Fóra do común. Espiritualidade, Resiliencia e Rexeneración nas rutas de peregrinaxe de Europa e Xapón", que se realizará os días 19 e 20 de maio de 2022 no Instituto Cervantes de Tokyo e poderá seguirse en liña (18:00-20:30, hora de Xapón).
O Simposio, organizado polo Instituto Cervantes de Tokyo, as embaixadas de Irlanda e Portugal en Xapón e o Instituto Camões, ten como obxectivo principal analizar o papel que as rutas de peregrinación en Xapón e Europa tiveron ao longo da historia e a súa actual relevancia. E como seguen sendo un lugar de conexión entre persoas, ideas, economías e culturas. Tamén se analizará como as rutas de peregrinaxe, coa súa intrínseca espiritualidade e a súa forte conexión coa natureza, actúan como ferramentas para a rexeneración social.
A primeira xornada do simposio abordará o tema desde unha perspectiva académica/científica; o segundo día, centrarase no estudo de iniciativas locais de éxito que foron capaces de revalorizar as comunidades con rutas de peregrinación a través das artes, o turismo sostible ou proxectos de impacto social.
Os obxectivos do simposio son, por un lado, presentar as peculiaridades dalgunhas rutas de peregrinación, tanto as de renome internacional como outras menos coñecidas, en Irlanda, Portugal, España e Xapón a audiencias internacionales interesadas. A idea é mostrar como poden convertirse nun instrumento para a rexeneración social e espiritual nas nosas sociedades post Covid-19.
Máis información: https://tokio.cervantes.es/imagenes/File/2022_Programa_ESP.pdf
Podes rexistrarte para seguir a emisión:
https://prilgrimage-routes-europe-japan.peatix.com
Simposio
Fóra do común. Espiritualidade, Resiliencia e Rexeneración nas rutas de peregrinaxe de Europa e Xapón
Tokyo (Xapón) - 19 e 20 de maio de 2022Tokyo
LUGAR Instituto Cervantes de Tokyo
MAÍS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Simposio
Fóra do común. Espiritualidade, Resiliencia e Rexeneración nas rutas de peregrinaxe de Europa e Xapón
Tokyo (Xapón) - 19 e 20 de maio de 2022Tokyo
Solicita a túa inscrición
Fóra do común. Espiritualidade, Resiliencia e Rexeneración nas rutas de peregrinaxe de Europa e Xapón