30 de setembro, 1 e 2 de outubro - Santiago de Compostela e OurenseA Filosofía ocorre nun corpo que pensa e nun corpo que é pensado. Nesa fusión da experiencia de vivir propomos un Festival para gozar co pensamento das Sophias. Daquelas que o silencio da historia nos obrigou a rebuscar os seus ecos moitos séculos despois. Daquelas que moveron activismos e loitas. Daquelas que pensaron nas academias e nas rúas. Das que cantaron á xustiza, ao mal, ao sexo, ao corpo, ás pombas e á liberdade.
Nun tempo dominado polas incertezas, cheo de sereas que proclaman unha apocalipse tecnolóxica, facer do pensamento unha festa da cultura convértese nunha proposta necesaria. Compartir a palabra e o corpo a través do debate, a poesía, o teatro ou a danza é a nosa contribución a deter un anaco a velocidade do efémero para contemplar o legado das ideas que fan da Filosofía un espazo sempre aberto. Esta segunda edición do Festival de Filosofía de Galicia terá como escenarios as cidades de Santiago de Compostela e Ourense na fin de semana do venres 30 de setembro ao domingo 2 de outubro de 2022. Será un espazo de encontro para gozarmos do pracer de pensar.
II Festival de Filosofía de Galicia
2ª SESIÓN COMPOSTELA
Mesa redonda: Non se nace muller, chégase a selo e Danza: Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos. Conferencia-freak en formato desbordado
Sábado, 1 de outubro de 2022 Santiago de Compostela
Mesa redonda: Non se nace muller, chégase a selo e Danza: Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos. Conferencia-freak en formato desbordado
Sábado, 1 de outubro de 2022Santiago de Compostela
INSCRICIÓN NA MESA REDONDA
RESTO DAS ACTIVIDADES, ENTRADA LIBRE
CENTRO SOCIOCULTURAL DE SANTA MARTA
10:30 horas
Mesa redonda Non se nace muller, chégase a selo. [INSCRIBIRSE NO FORMULARIO DE INSCRICIÓN]
Modera: Carme Adán
Participan:
- Lourdes Méndez
- Concha Roldán
- Beatriz Suárez Briones
12:15 horas
Descanso
12:30 horas
Proxección audiovisual Sophias II [ENTRADA LIBRE]
Serie web de ficción de sete capítulos realizada pola Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega para divulgar a figura e ideas de mulleres filósofas ao longo da Historia. Un proxecto que conta co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, no que a través dunha ficción divulgativa se presenta unha escolma de filósofas e dos temas e debates que abriron. Son mostra do seu xenio e capacidade para dialogar co contexto histórico e social, incluíndo o tema da exclusión das mulleres do espazo público e da creación de coñecemento. A serie está dirixida por Cristina de la Torre e conta coa interpretación de Marta Pérez e María Rojo.
12:45 horas
Danza Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos. Conferencia-freak en formato desbordado [ENTRADA LIBRE]
Gena Bahamonde e Andrea Quintana
Produción: Vacaburra
Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos. Conferencia-freak en formato desbordado, é un traballo que está baseado na tese doutoral de Gena Baamonde Sexualidades Des-xeneradas na práctica escénica contemporánea, que aborda reflexións dende a teoría queer, e na que se fala directamente de filosofas e filósofos como Foucault, Butler, Wittig, Lauretis, Preciado... etc.
Festival II Festival de Filosofía de Galicia 2ª SESIÓN COMPOSTELA Mesa redonda: Non se nace muller, chégase a selo e Danza: Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos. Conferencia-freak en formato desbordado
Cando
Sábado, 1 de outubro de 2022
Onde
Santiago de Compostela
Lugar
Centro Sociocultural de Santa Marta
Antonio Rama Seoane nº6
15706 Santiago de Compostela