30 de setembro, 1 e 2 de outubro - Santiago de Compostela e OurenseA Filosofía ocorre nun corpo que pensa e nun corpo que é pensado. Nesa fusión da experiencia de vivir propomos un Festival para gozar co pensamento das Sophias. Daquelas que o silencio da historia nos obrigou a rebuscar os seus ecos moitos séculos despois. Daquelas que moveron activismos e loitas. Daquelas que pensaron nas academias e nas rúas. Das que cantaron á xustiza, ao mal, ao sexo, ao corpo, ás pombas e á liberdade.
Nun tempo dominado polas incertezas, cheo de sereas que proclaman unha apocalipse tecnolóxica, facer do pensamento unha festa da cultura convértese nunha proposta necesaria. Compartir a palabra e o corpo a través do debate, a poesía, o teatro ou a danza é a nosa contribución a deter un anaco a velocidade do efémero para contemplar o legado das ideas que fan da Filosofía un espazo sempre aberto. Esta segunda edición do Festival de Filosofía de Galicia terá como escenarios as cidades de Santiago de Compostela e Ourense na fin de semana do venres 30 de setembro ao domingo 2 de outubro de 2022. Será un espazo de encontro para gozarmos do pracer de pensar.
II Festival de Filosofía de Galicia
2ª SESIÓN OURENSE
Proxección audiovisual: Sophias e Teatro: Si esto es un hombre
Proxección audiovisual: Sophias e Teatro: Si esto es un hombre
Domingo, 2 de outubro de 2022Ourense
ENTRADA LIBRE
AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE
19:15 horas
Presentación
19:30 horas
Proxección audiovisual: Sophias [ENTRADA LIBRE]
Serie web de ficción de sete capítulos realizada pola Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega para divulgar a figura e ideas de mulleres filósofas ao longo da Historia. Un proxecto que conta co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, no que a través dunha ficción divulgativa se presenta unha escolma de filósofas e dos temas e debates que abriron. Son mostra do seu xenio e capacidade para dialogar co contexto histórico e social, incluíndo o tema da exclusión das mulleres do espazo público e da creación de coñecemento. A serie está dirixida por Cristina de la Torre e conta coa interpretación de Marta Pérez e María Rojo.
19:45 horas
Descanso
20:00 horas
Teatro: Si esto es un hombre [ENTRADA LIBRE]
Carlos Álvarez-Ossorio
Produción de Cámara Negra Teatro
Si esto es un hombre
En 1944, Primo Levi foi deportado a Auschwitz. Tiña 24 años. Durante a súa estadía no campo, empezou a escribir ‘Se isto é un home’, o relato dos dez meses que estivo preso. Setenta e cinco anos despois da liberación de Auschwitz, un actor entra nun escenario e afronta o reto de revivir a experiencia de Levi, para tentar así comprender (se é que é posible) que foi Auschwitz e que supón para nós, espectadores do s. XXI, que existise ese lugar en plena Europa de mediados do século pasado. Unha viaxe cara ao lado máis escuro do ser humano e do noso mundo contemporáneo.
Dramaturxia, dirección e interpretación de Carlos Alvarez-Ossorio.
Finalista do premio a mellor actor da XXV edición 2022 dos Premios Max.