Exposición - Sen cancelas. Memorias do arco da vella en Galicia. IES Rosais de Vigo, do 6 ao 18 de outubro de 2022

Sen cancelas. Memorias do arco da vella en Galicia

Sen cancelas Exposición

Sen cancelas. Memorias do arco da vella en Galicia

IES Rosais de Vigo, do 6 ao 18 de outubro de 2022
Vigo
Exposición
Sen cancelas

Sen cancelas. Memorias do arco da vella en Galicia

IES Rosais de Vigo, do 6 ao 18 de outubro de 2022 Vigo
Cando vemos saír o arco da vella, axiña centramos toda a nosa atención nel, xa que sabemos que é tan fermoso como efémero e excepcional. Porén, o arco da vella no noso presente é moito máis que un efecto visual. É un baúl de historias e contos, de soños e imaxinacións. É a representación de que moitas cousas diferentes poden integrar un todo, coa capacidade de iluminar o ceo e os nosos ollos cando os diriximos cara a el. É por isto polo que o arco da vella representa a diversidade, o bonito da diferenza integrada nunha construción visual composta de sete cores.

Non sempre temos a oportunidade de que o arco da vella se mostre ante os nosos ollos, pero cando o fai, brillando con todo o seu esplendor, lembramos que sempre estivo aí. O mesmo acontece coa diversidade que representa. Non sempre foi visible, pero sempre estivo con nós, agochada e disposta a ser sen medo despois da treboada.

Nesta exposición propoñémosche facer un percorrido polo noso propio arco da vella en Galicia. Viaxaremos polo pasado e polo presente a bordo dalgunhas ideas e conceptos que deron forma á defensa dos dereitos e liberdades das persoas que non se axustaron á norma sexual e de xénero, aos estereotipos e aos valores sociais que nos precederon. Apúntate connosco, quizais descubras que aínda queda moito camiño por andar.
Ficha técnica 
Exposición
Sen cancelas
Sen cancelas. Memorias do arco da vella en Galicia
Cando
IES Rosais de Vigo, do 6 ao 18 de outubro de 2022
Onde
Vigo
Lugar

IES ROSAIS 2
Rúa Coutadas, nº 54
36207
Vigo