Instituto Cervantes de Cracovia, do 9 de febreiro ao 19 de abril de 2023Cracovia
“Afonso X e Galicia” é un proxecto expositivo producido polo Consello da Cultura Galega en colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense.
Nesta ocasión a mostra chega ao Instituto Cervantes de Cracovia (Polonia), onde poderá visitarse do 9 de febreiro ao 13 de abril de 2023.
Comisariada por Antoni Rosell (Universitat Autònoma de Barcelona), a mostra busca visibilizar a conexión con Galicia de Afonso X, no 800 aniversario do seu nacemento, a través das “Cantigas de Santa Maria” pero tamén noutros nexos máis profundos, ao tempo que amosa un intelectual que condensa outra forma de entender o saber do seu tempo.
Con motivo da inauguración realizarase unha conferencia impartida por Antoni Rosell co título "Afonso X e a música".