Ciclo - Anna Cabré.

Anna Cabré

Cultura conciencia Ciclo

Anna Cabré

Reflexións sobre a demografía no século XXI: retos globais, retos locais


Santiago de Compostela
Ciclo
Cultura conciencia

Anna Cabré

Reflexións sobre a demografía no século XXI: retos globais, retos locais

Santiago de Compostela
Anna Cabré, catedrática de Xeografía Humana da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), foi a encargada de abrir, con esta conferencia, o ciclo “Cultura conciencia” no Consello da Cultura Galega (CCG). Na súa intervención Anna Cabré, que é tamén directora do Centro de Estudios Demográficos da UAB, aludiu ao feito de que neste momento todas as consideracións demográficas están marcadas polos fenómenos da inmigración, circunstancia que debe verse máis como unha oportunidade que como un problema. A conferenciante, que reflexionou sobre “a demografía no século XXI: retos globais, retos locais” foi presentada por Domingo Docampo, coordinador do ciclo de conferencias organizado polo CCG e a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación no marco das actividades do Programa de Comunicación e Sensibilización Social do Plan Galego de I+D+i 2006-2010 (IN.CI.TE).

Anna Cabré é experta en prospectiva demográfica e territorial e autora dunha extensa bibliografía na que destaca o libro “El sistema catalán de reproducción”. Entre as súas contribucións máis orixinais está a predición razoada dun aumento importante da natalidade nacional ou o estudo dos desequilibrios nos mercados matrimoniais como factor desencadeante dos ciclos demográficos.Actualmente ocúpase das análises demográficas complementarias en relación coas estimacións a medio e longo prazo da población española.
Ficha técnica 
Ciclo
Cultura conciencia
Anna Cabré
Reflexións sobre a demografía no século XXI: retos globais, retos locais
Cando

Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Coordinación
Domingo Docampo
Participante
Salustiano Mato de la Iglesia
Ramón Villares
Relator/a
Anna Cabré
Organiza
Consello da Cultura Galega
Colabora
Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación