Ciclo - Pedro Etxenike Landiríbar.

Pedro Etxenike Landiríbar

CCG. Acolle | Ciclo

Pedro Etxenike Landiríbar

Ciencia, creatividade e cultura


A Coruña
CCG. Acolle | Ciclo

Pedro Etxenike Landiríbar

Ciencia, creatividade e cultura

A Coruña
Pedro Etxenike, catedrático de Física de Materia Condensada, falou sobre "Ciencia, creatividade e cultura". Unha conferencia centrada nas conexións existentes entre a ciencia e a cultura dende a perspectiva da física, campo no que está especializado. En concreto, referiuse á creatividade existente nas formas de ver a ciencia e o consecuente concepto estético que dela teñen algúns científicos, o que se reflicte en imaxes con beleza como a creación do universo, as imaxes das galaxias, as formas fractais, as imaxes das estruturas máis complexas dos cristais, a estrutura do ADN, a luminosidade dunha tormenta, etc. Neste sentido, mencionou o que el denominou "a arte da creación científica", á cal contribúen os científicos coas súas ilustracións e infografías respecto aos diferentes procesos físicos. Pedro Miguel Etxenike Landiríbar é doutor en Ciencias Físicas, así como membro da Comisión Trilateral e do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (csic). Dirixiu 24 teses de doutoramento e publicou máis de 300 traballos en libros e revistas especializadas. Entre 1980 e 1984 desempeñou as carteiras de Educación e Cultura e a portavocía do Goberno Vasco e foi membro do xurado do Premio Príncipe de Asturias das Ciencias 2007. Entre outras distincións, está en posesión da medalla de ouro da Universidade do País Vasco e recibiu en 2005 o Premio Nacional Blas de Cabrera de Ciencias Físicas de Materiales y de la Tierra.
Programa
Ficha técnica 
CCG. Acolle | Ciclo
Pedro Etxenike Landiríbar
Ciencia, creatividade e cultura
Cando

Onde
A Coruña
Lugar

Domus - Casa do Home
R. Ángel Rebollo, 91
15002 A Coruña
Teléfono: 981 18 98 40

Coordinación
Domingo Docampo
Participante
Ramón Villares
Relator/a
Pedro Etxenike
Organiza
Consello da Cultura Galega
Colabora
Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación
Domus (A Coruña)