Exposición - Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas - Séculos XV-XVII . Biblioteca da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Cádiz, do 27 de marzo ao 8 de maio de 2023

Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas - Séculos XV-XVII

Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas - Séculos XV-XVII

Biblioteca da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Cádiz, do 27 de marzo ao 8 de maio de 2023
Cádiz
Exposición
Inventio Mundi

Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas - Séculos XV-XVII

Biblioteca da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Cádiz, do 27 de marzo ao 8 de maio de 2023 Cádiz
O Consello da Cultura Galega (CCG), no marco do programa de itinerancias das súas exposicións, leva ata Cádiz esta mostra que pretende ser unha homenaxe aos navegantes galegos e aos inicios da navegación.

A mostra creouse en 2019 cando se conmemoraba o quinto centenario da saída da expedición Magalhães/Elcano que completaría a primeira circunnavegación do planeta. A mostra titúalse «Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV-XVII» amosa as consecuencias que aquela formidable viaxe tivo para Galicia. Aquela epopea deu ao vello reino galego unha oportunidade de aproveitar a súa situación nas rutas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros. Os Reis Católicos descartaran Galicia como núcleo da Carreira das Indias, pero os poderosos galegos aspiraban a ter parte nese xigantesco negocio. A Casa da Especiaría da Coruña foi un soño breve, pero deu a Galicia un notable protagonismo que tamén se debe celebrar.

Ficha técnica 
Exposición
Inventio Mundi
Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas - Séculos XV-XVII
Cando
Biblioteca da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Cádiz, do 27 de marzo ao 8 de maio de 2023
Onde
Cádiz
Colabora
Acción exterior do Consello da Cultura Galega
Ámbito
Comisión Técnica de Relacións Institucionais e Acción Exterior (CCG)