Publicación - Por unha nova cultura forestal fronte aos incendios. 3 de xullo de 2007

Por unha nova cultura forestal fronte aos incendios

CCG. Acolle | Publicación

Por unha nova cultura forestal fronte aos incendios

3 de xullo de 2007
Santiago de Compostela
CCG. Acolle | Publicación

Por unha nova cultura forestal fronte aos incendios

3 de xullo de 2007 Santiago de Compostela
O 3 de xullo presentouse o informe dos debates Por unha nova cultura forestal fronte aos incendios, nos que participaron máis de 50 expertos e cuxas conclusións foron redactadas polos xornalistas Marcos S. Pérez Pena e María Dolores Calvo Ferreiro. Este traballo interdisciplinar, de máis de 300 páxinas, é unha chamada á sensibilización social ante un problema estrutural necesitado de transformacións forestais. Durante o acto, Díaz-Fierros, coordinador de “Cuestións ecolóxicas e silvícolas”, reclamou un organismo xestor da conservación do medio e denunciou a desvinculación do rural co monte. Balboa (“Aspectos sociais, económicos e políticos”) lembrou a dificultade de intervir cando existen máis de 600.000 propietarios particulares e insistiu no investimento en prevención e no fomento do emprego local no rural. Barreiro Rivas (“Percepción social, educación cívica e información”) recalcou a necesidade dun tratamento informativo proactivo, non reactivo, e unha linguaxe menos catastrofista para os cidadáns percibiren os lumes como problema público. Denunciou tamén a ausencia de divulgación forestal nos centros educativos. O volume inclúe ampla información sobre os debates xunto con abondosos datos adicionais.

TÍTULO: Por unha nova cultura forestal fronte aos incendios

AUTORES: Francisco Díaz-Fierros, Xesús Balboa, Xosé Luís Barreiro Rivas (coordinadores)

SERIE: Documentos

EDICIÓN: Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega

ANO DE EDICIÓN: 2007

ISBN: 978-84-96530-42-3
Publicación
Por unha nova cultura forestal fronte aos incendios
Por unha nova cultura forestal fronte aos incendios Informes e conclusións
Xesús Balboa, Coordinación. Xosé Luís Barreiro Rivas, Coordinación. Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Coordinación. | 2007
Ficha técnica 
CCG. Acolle | Publicación
Por unha nova cultura forestal fronte aos incendios
Cando
3 de xullo de 2007
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Coordinación
Xesús Balboa
Xosé Luís Barreiro Rivas
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Organiza
Consello da Cultura Galega