Presentación - MeGA (MÚSICA EN GALICIA). 2 de maio de 2007

MeGA (MÚSICA EN GALICIA)

CCG. Acolle | Presentación

MeGA (MÚSICA EN GALICIA)

2 de maio de 2007
Santiago de Compostela
CCG. Acolle | Presentación

MeGA (MÚSICA EN GALICIA)

2 de maio de 2007 Santiago de Compostela
O Consello da Cultura Galega presentou en maio un novo produto en Internet, integrado no seu soportal de divulgación cultural culturagalega.org. Trátase de MeGA (www.culturagalega.org/mega), un espazo monográfico dedicado á creación e á industria musical, que publicará abondosa información sobre a actualidade musical en Galicia. MeGA nace para apoiar a difusión e a divulgación da música en Galicia en todos os seus xéneros e para todos os públicos. O soportal dá conta do día a día do sector e completa a información con numerosos contidos multimedia: vídeos, mostras de audio e fotogalerías que permiten coñecer extensamente o traballo dos músicos galegos que están de actualidade.

Así mesmo, unha ampla axenda de ámbito galego permite aos afeccionados estar informados dos vindeiros espectáculos musicais. Os usuarios poden consultar tamén as novidades discográficas ou acceder a importantes recursos vencellados ao ámbito musical, como certames, convocatorias ou directorios de contacto do sector. MeGA completa así a oferta de contidos de Culturagalega.org, sitio web de referencia presentado no ano 2000 e que xa conta con milleiros de recursos multimedia noutros tres soportais dedicados ás diferentes industrias culturais galegas: lg3 (libros), AVG (audiovisual) e BD (banda deseñada).
Ficha técnica 
CCG. Acolle | Presentación
MeGA (MÚSICA EN GALICIA)
Cando
2 de maio de 2007
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Organiza
Consello da Cultura Galega