Catro visións contemporáneas sobre as cantigas de Martín Codax

Concerto. Seíam'eu... en San Simón

Catro visións contemporáneas sobre as cantigas de Martín Codax

Xoves, 5 de outubro de 2023 ás 19:30 horas
Redondela
Concerto
Seíam'eu... en San Simón

Catro visións contemporáneas sobre as cantigas de Martín Codax

Xoves, 5 de outubro de 2023 ás 19:30 horas Redondela
O Consello da Cultura Galega e o Concello de Redondela continúan coa programación dun ciclo conxunto que, en forma de simposio e baixo a denominación xenérica “Seíam'eu... en San Simón”, vén celebrándose con carácter anual nesa illa dende o ano 2019.

O ciclo escolle como sede un emblemático ‘lugar de memoria’ construído como tal dende os albores da nosa cultura e céntrase en dúas liñas de traballo principais que se alternan anualmente: a cultura medieval, evocada por Mendiño, o cantor da illa, e a memoria da emigración e do exilio, que deixou fonda pegada en San Simón e na súa contorna.

Consonte a esta dupla vocación, a edición do ano 2023 focalízase no estudo da cultura medieval con especial atención ao trobador Martín Codax, figura elixida pola Real Academia de Belas Artes como homenaxeada no Día das Artes do presente ano. Logo da reflexión durante a sesión de mañá na propia Illa de San Simón centrada na iconografía musical medieval, a voz e a arpa como testemuñas e transmisores da alma musical do pasado, o Auditorio do Multiúsos da Xunqueira, Redondela acolle a presentación e estrea absoluta das partituras para voz e piano de Catro visións contemporáneas sobre as cantigas de Martín Codax, unha publicación editada polo Consello da Cultura Galega e a Asociación Galega de Compositores o pasado mes de abril que reúne as versións de catro compositores actuais: María Mendoza, Mario Diz, Gloria Rodríguez Gil e Arsenio Keilin. Esta edición incorpora ao patrimonio galego novas interpretacións das cantigas de Martín Codax, que se suman ás xa existentes: dende as máis ortodoxas e conservadoras ata as máis revisionistas. No traballo de transcrición e edición da obra musical, que contou co asesoramento de Joám Trilho, recóllense as partituras creadas para a ocasión por catro compositores actuais. O concerto en Redondela é a súa estrea absoluta.
ASISTENCIA
A retirada de entradas pode realizarse o mesmo día do concerto a partir das 16:00 horas no despacho de billetes do Multiúsos da Xunqueira de Redondela.

Entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala.

Máximo 4 entradas por persoa.
LUGAR
Auditorio do Multiúsos da Xunqueira
Redondela
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Concerto.
Seíam'eu... en San Simón
Catro visións contemporáneas sobre as cantigas de Martín Codax
Cando
Xoves, 5 de outubro de 2023 ás 19:30 horas
Onde
Redondela
Enderezo

Auditorio do Multiúsos da Xunqueira
Redondela

Organiza
Concello de Redondela
Consello da Cultura Galega
Colabora
Asociación Galega de Compositores
Ámbito
Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)