O libro e a lectura

Simposio.

O libro e a lectura

27 de setembro de 2023
Santiago de Compostela
Simposio

O libro e a lectura

27 de setembro de 2023 Santiago de Compostela
Os 40 anos da Asociación Galega de Editoras centrarán o XX simposio O libro e a lectura que organiza neste mes de setembro a Asociación Galega de Editoras, en colaboración co Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia.

Despois do acto central de celebración do aniversario da entidade o pasado mes de xuño, no que se presentou a obra «100 anos de edición moderna en Galicia», a biblioteca do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, s/n), en Santiago de Compostela, acolle agora o acto profesional de balance e análise do futuro da edición en Galicia. Será nun encontro aberto ao público, o mércores 27 de setembro, nunha única sesión da mañá.

Neste encontro profesional conversarase e reflexionarase sobre a edición en Galicia ao longo destes 40 anos, a situación do mercado e a internacionalización do libro galego. Logo da inauguración, prevista para as 10:00 horas, proxectarase o vídeo dos 40 anos da AGE realizado pola produtora Illa Bufarda e, seguidamente, ás 10:30, terá lugar a intervención do editor e actual presidente da Asociación Galega de Editoras, Henrique Alvarellos con "Así xurdiu a AGE en 1983".

Ás 10:45, o editor e presidente da AGE entre 2010 e 2014, Manuel Bragado, fará unha análise das cifras da edición galega e ás 12:30 seguiralle o "Panel de experiencias: presente e futuro da edición en Galicia" coa participación de representantes de varias editoras galegas. Compartirán experiencias arredor do Libro educativo/E-Dixgal, a cargo de Ana Guerra (Obradoiro) e María Xesús Gómez (Rodeira); a LIX e o álbum ilustrado, por Paz Castro (Kalandraka); a poesía, a dixitalización e o ecosistema editorial, a cargo de Fran Alonso (Xerais); a importancia de traducir os clásicos universais ao galego, por Celia Recarei (Irmás Cartoné); a mediación e a prescrición no apoio ao libro galego, coa intervención de Henrique Alvarellos (Alvarellos Editora) e, finalmente, Marcos Calveiro (Galaxia) con Xestionar os clásicos: de Castelao á Banda Deseñada.

Ás 14:00 pecharase o acto coa clausura e as conclusións.

Debido á capacidade limitada da sala é necesario inscribirse no correo: s.tecnica@editorasgalegas.gal
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Simposio.
O libro e a lectura
Cando
27 de setembro de 2023
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205