AI Song Contest 2023

Festival.

AI Song Contest 2023

4 de novembro de 2023
A Coruña
Festival

AI Song Contest 2023

4 de novembro de 2023 A Coruña
O Consello da Cultura Galega colabora co "AI Song Contest 2023", que terá lugar o 4 de novembro de 2023 na Cidade das TIC (Av. de Pedralonga) da Coruña.
O "AI Song Contest" é un concurso internacional que mostra o potencial creativo da co-creatividade humana-intelixencia artificial no proceso de composición de cancións. Coñecido como a «Eurovisión» global da intelixencia artificial, esta edición de 2023 ten como lema «O Camiño da IA» e conmemora a diversidade de formas de traballar a intelixencia artificial na música a nivel internacional, cos artistas no centro do proceso de composición.
O Consello da Cultura colabora na organización da sesión de debate "AI for Galician Culture", que se realizará ás 11:30 no Main stage, e onde participarán:
- Carmen García Mateo (catedrática da Universidade de Vigo e coordinadora da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega): "IA: Oportunidade para a modernización das tecnoloxías da fala en galego".
- Andrés Piñeiro Martín (investigador de Balidea Language Technologies): "Asistentes conversacionais e recursos de tecnoloxías da linguaxe en idiomas non maioritarios. Casos prácticos de aplicación: FalAI".
- Carmen Magariños Iglesias (posdoc no Instituto da Lingua Galega) e Iria de Dios-Flores (posdoc no CiTIUS): "Proxecto Nós: Intelixencia artificial para impulsar o galego no universo das tecnoloxías lingüísticas".

Máis información: https://www.aisongcontest.com/
LUGAR
Cidade das TIC
Av. de Pedralonga
15009 A Coruña
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
https://www.aisongcontest.com/
Ficha técnica 
Festival.
AI Song Contest 2023
Cando
4 de novembro de 2023
Onde
A Coruña
Enderezo

Cidade das TIC
Av. de Pedralonga
15009 A Coruña