As xeracións do Montserrat.

Exposición. As xeracións do Montserrat

As xeracións do Montserrat.

Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido

Kiosko Alfonso, A Coruña, do 21 de novembro de 2023 ao 14 de xaneiro de 2024
A Coruña
Exposición
As xeracións do Montserrat

As xeracións do Montserrat.

Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido

Kiosko Alfonso, A Coruña, do 21 de novembro de 2023 ao 14 de xaneiro de 2024 A Coruña
Unha exposición do Consello da Cultura Galega coa colaboración do Concello da Coruña e da Xunta de Galicia, no Kiosco Alfonso da Coruña.

Un proxecto comisariado por Xesús Fraga, con deseño expositivo de Pepe Barro.
Montaxe: Expo.gal
Coordinación de produción: Emilia García López

Dúas mulleres na cuberta dun barco. Nai e filla. A rixidez das posturas, sen saber moi ben como posar ante a cámara, fálanos de que este non é o seu elemento natural. Deixan a veiga polo mar —como escribiría moitos anos antes Rosalía— ao embarcar no buque que as convertería en emigrantes galegas en Inglaterra e cuxo nome se le no bote salvavidas: Montserrat.

Esta fotografía —nai e filla, cos anos avoa e nai— forma parte dunha cartografía emocional trazada nos testemuños de centos doutras viaxes. Aquelas travesías aboian en relatos que consagraron o Montserrat, e o seu xemelgo Begoña, como seres míticos doutro tempo.

Entre 1960 e 1974 uns 250 000 galegos deixaron as súas veigas por un mundo que aínda non viran, pero no que traballarían e fundarían familias e negocios, outras veces faríano na propia terra, onde tamén levantaron casas grazas ás divisas e aforros, amobladas coas pertenzas e lembranzas da súa vida emigrante.

Esta exposición recupera, a través de fotografías, filmacións, documentos e obxectos náuticos e cotiáns, xunto con outros materiais, aquelas viaxes entre os portos galegos e británicos. É a memoria emocional de varias xeracións que cambiaron o rumbo das súas vidas e, con el, tamén o do seu país: As xeracións do Montserrat.
LUGAR
Kiosco Alfonso
Xardíns de Méndez Núñez 3, Baixo
15006 A Coruña
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
exposicions@consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Exposición.
As xeracións do Montserrat
As xeracións do Montserrat.
Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido
Cando
Kiosko Alfonso, A Coruña, do 21 de novembro de 2023 ao 14 de xaneiro de 2024
Onde
A Coruña
Enderezo

Kiosco Alfonso
Xardíns de Méndez Núñez 3, Baixo
15006 A Coruña

Organiza
Acción exterior do Consello da Cultura Galega