Afonso X e Galicia

Exposición. Afonso X e Galicia

Afonso X e Galicia

Edifici Històric Universitat de Barcelona, do 25 de xaneiro ao 22 de febreiro de 2024
Barcelona
Exposición
Afonso X e Galicia

Afonso X e Galicia

Edifici Històric Universitat de Barcelona, do 25 de xaneiro ao 22 de febreiro de 2024 Barcelona
“Afonso X e Galicia” é un proxecto expositivo producido polo Consello da Cultura Galega en colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense. Despois de itinerar por diferentes espazos nacionais e internacionais, a mostra recala no Edifici Històric da Universitat de Barcelona, onde inaugurará o xoves 25 de xaneiro de 2024, ás 18:30 horas.

Comisariada polo Dr. Antoni Rosell (Universitat Autònoma de Barcelona), a mostra busca visibilizar a conexión con Galicia de Afonso X, no 800 aniversario do seu nacemento, a través das “Cantigas de Santa Maria” pero tamén noutros nexos máis profundos, ao tempo que amosa un intelectual que condensa outra forma de entender o saber do seu tempo.

Nesta ocasión a proposta expositiva, que combina paneis e instrumentos expostos na Biblioteca, busca compoñer un relato a modo de crebacabezas con varios niveis, apoiado nunha narrativa multimedia, que permitirá achegarse á complexa e poliédrica figura de Afonso X, ás Cantigas de Santa María, como testemuño visual e sonoro da Idade Media galega e europea, aos instrumentos e á cultura galega da época.

No marco da exposición, que poderá visitarse até o 22 de febreiro de 2024, organizouse un amplo programa de actividades, que inclúen conferencias, concertos ou presentacións. Poden consultarse os días e horas no apartado "programa".
LUGAR
Edifici Històric
Universitat de Barcelona
Gran Via de les Corts Catalanes, 585
Barcelona
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Programa
Afonso X e Galicia
Programa en PDF
Afonso X e Galicia
Convite en PDF
Publicación
AX-G. Afonso X e Galicia
AX-G. Afonso X e Galicia Catálogo da exposición - Galego
Antoni Rossell, Autoría. | 2021
AX-G. Alfonso X and Galicia
AX-G. Alfonso X and Galicia Exhibition catalogue - English
Antoni Rossell, Autoría. | 2021
AX-G. Alfonso X y Galicia
AX-G. Alfonso X y Galicia Catálogo de la exposición - Español
Antoni Rossell, Autoría. | 2021
Prensa
Visita en liña
Afonso X e Galicia.
Máis información
Esta exposición foi inaugurada o 12/1/2021
- Itinerancias
- Como solicitar a exposición
Ficha técnica 
Exposición.
Afonso X e Galicia
Afonso X e Galicia
Cando
Edifici Històric Universitat de Barcelona, do 25 de xaneiro ao 22 de febreiro de 2024
Onde
Barcelona
Enderezo

Edifici Històric
Universitat de Barcelona
Gran Via de les Corts Catalanes, 585
Barcelona

Organiza
Acción exterior do Consello da Cultura Galega