Encontro - Que facer cos xacementos perecedoiros da Prehistoria en Galicia. EMPC#43 | 12 de marzo de 2024

Que facer cos xacementos perecedoiros da Prehistoria en Galicia

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural Encontro

Que facer cos xacementos perecedoiros da Prehistoria en Galicia

Visibilizar o invisible

EMPC#43 | 12 de marzo de 2024
Santiago de Compostela
Encontro
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

Que facer cos xacementos perecedoiros da Prehistoria en Galicia

Visibilizar o invisible

EMPC#43 | 12 de marzo de 2024 Santiago de Compostela
Os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural (EMPC) son unha iniciativa levada a cabo pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG) que comezou en novembro de 2015. Teñen como obxectivo xerar un espazo de difusión, debate, encontro e coñecemento arredor de diferentes proxectos que afectan ao patrimonio cultural, en xeral, e que moitas veces non chegan a un público amplo por diferentes motivos. Os protagonistas dos encontros son a sociedade, o elemento patrimonial, o debate e a reflexión. Ata o de agora centráronse en proxectos de arqueoloxía, rehabilitación, arquitectura ou historia da arte —mesmo con enfoques interdisciplinarios—, pero tamén na xestión patrimonial, na divulgación do patrimonio, na participación cidadá e incluso no conflito patrimonial. Tamén se centraron en patrimonios esquecidos e vivos, materiais e inmateriais, amigables ou conflitivos, nas políticas patrimoniais, e nos encontros e des-encontros.

Este EMPC céntrase nunha problemática importante que afecta a un patrimonio de difícil recoñecemento, mais imprescindible para comprender a Prehistoria na nosa comunidade. Nas últimas décadas produciuse un considerable aumento na descuberta e identificación dunha serie de xacementos que non resultan facilmente recoñecibles. No contexto de grandes obras públicas ou privadas, e da man do avance nas técnicas de teledetección e a súa democratización (fotografía aérea, de satélite, LiDAR, prospeccións xeomagnéticas…), teñen saído á luz o que denominamos «xacementos invisibles» porque as súas características non permiten a súa identificación a simple vista ou esta require unha ollada experta, ou porque a cultura material que os acompaña é moi pobre e apenas se detecta en superficie. Aínda que algúns destes xacementos se adscriben á Protohistoria, á época romana ou á posclásica, moitos deles encádranse na Prehistoria recente. Xunto con importantes xacementos como as rodas do Bronce Final, están renovando o noso coñecemento sobre este período. Non obstante, os xacementos invisibles, polo seu contexto de aparición, a súa fraxilidade ou a súa problemática na conservación, requiren unha reflexión sobre que podemos e deberiamos facer con eles dende o punto de vista metodolóxico, da investigación ou da protección e salvagarda. O obxectivo do #43 EMPC é debater arredor destas cuestións.

Ficha técnica 
Encontro
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural
Que facer cos xacementos perecedoiros da Prehistoria en Galicia
Visibilizar o invisible
Cando
EMPC#43 | 12 de marzo de 2024
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Coordinación
Rosa Benavides
Rebeca Blanco-Rotea
Relator/a
María Martín Seijo
Antonio Martínez Cortizas
César Parcero-Oubiña
Roberto Carlos Pena Puentes
Pilar Prieto Martínez
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)

Imaxe: Carballeira do Espírito Santo (Chapa, Silleda), finais da Idade de Bronce. [Corrección do Impacto Arqueolóxico da Autopista Santiago-Alto de Santo Domingo (Ref. 2001-CE049)]