Especial - Sociedad de Instrucción «UNIÓN BARCALESA». Xoves, 29 de febreiro de 2024

Sociedad de Instrucción «UNIÓN BARCALESA»

Sociedad de Instrucción «UNIÓN BARCALESA»

A Habana. 1907 – ata a actualidade

Xoves, 29 de febreiro de 2024
consellodacultura.gal
Especial
Memoria documental das sociedades da emigración galega

Sociedad de Instrucción «UNIÓN BARCALESA»

A Habana. 1907 – ata a actualidade

consellodacultura.gal
Esta sociedade de instrución foi creada polos emigrantes naturais do Val de Barcala residentes na illa de Cuba co obxectivo principal de fundar escolas na súa terra natal, tal como se recolle na súa acta fundacional «fundar una escuela en el punto más céntrico de Barcala, escuela en la que se proporcionará educación e instrucción a la niñez y juventud de ambos sexos».



Grazas ao seu esforzo financiaron a construción de catro escolas na comarca da Barcala onde centos de nenos e nenas estudaron ao longo do pasado século: a Escola de Covas (1921), Escola de Aro (1926) e a Casa-Escola de Broño (1969) no concello de Negreira e no da Baña, a Casa-Escola de Seoane (1932). Todos estes edificios seguen a ser empregados polos veciños e veciñas como locais de reunión e cultura.

Durante máis dun século esta entidade continúa a traballar a prol dos seus asociados e asociadas, mantendo estreitos vínculos coa súa terra natal.

Grazas a colaboración dos seus directivos o Arquivo da Emigración Galega realizou un labor de dixitalización de gran parte dos seus fondos documentais que hoxe poñemos a disposición das persoas interesadas.



DOCUMENTACIÓN DA “UNIÓN BARCALESA”
que se pode consultar no Arquivo de Fondos do Consello da Cultura Galega

Libros de Actas das reunións das xuntas directivas
 - 1912-1922
 - 1922-1929
 - 1929-1941
 - 1941-1955
 - 1979-1997
Libros de Actas das reunións das Asembleas de socios
 - 1907-1912
 - 1912-1929
 - 1929-1963
 - 1964-2004
Libro de Caixa (1936-43)
Libro do panteón social: 1931-1998
Inclúe o documento de propiedade do panteón no Cemiterio Colón
Libros rexistro de socios
 - Número 1
 - Número 2
Documentos varios
 - Correspondencia recibida
   Carta dun ministro de España dirixida á entidade (1969)
   Carta do cónsul de España na Habana dirixida a directiva (1971)
 - Correspondencia enviada
   Cancelación da hipoteca da sociedade (1949)
   Pago do bono social á Federación
 - Bono de reconocimiento a favor de la Unión Barcalesa



Axúdanos a recuperar o patrimonio documental
Proxecto de recuperación documental e fotográfica da emigración galega Campaña de recollida das coleccións particulares dos nosos emigrantes.

Arquivo da Emigración Galega
Carolina García Borrazás: +0034 881 995 148
Teresa García Domínguez: +0034 881 995 143
aemigracion@consellodacultura.gal


As imaxes e documentos que aquí se expoñen forman parte do patrimonio fotográfico e documental que se conserva e salvagarda no Arquivo da Emigración Galega. Moitos deles proceden de coleccións particulares que a cidadanía puxo á disposición da sociedade a través do Consello da Cultura Galega; teñen un gran valor informativo e incrementan o coñecemento sobre os procesos migratorios en Galicia.

Instrucións para colaborar

Ligazóns


ARQUIVO DIXITAL DOS FONDOS DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Sociedad de Instrucción «UNIÓN BARCALESA» A Habana. 1907 – 2004
Outros recursos


MAPA DAS ESCOLAS DA EMIGRACIÓN

Sociedad de Instrucción «UNIÓN BARCALESA»
A Habana. 1907 – 2004
Prensa
 
Especial
Memoria documental das sociedades da emigración galega
Sociedad de Instrucción «UNIÓN BARCALESA»
A Habana. 1907 – ata a actualidade
Data de publicación
Xoves, 29 de febreiro de 2024
Onde
consellodacultura.gal
Autoría
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Ámbito
Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa (A Habana, Cuba)