SEN CANCELAS

Exposición. Sen cancelas

SEN CANCELAS

IES O Couto, Ourense, do 2 ao 15 de abril de 2024
Ourense
Exposición
Sen cancelas

SEN CANCELAS

IES O Couto, Ourense, do 2 ao 15 de abril de 2024 Ourense
Cando vemos saír o arco da vella, axiña centramos toda a nosa atención nel, xa que sabemos que é tan fermoso como efémero e excepcional. Porén, o arco da vella no noso presente é moito máis que un efecto visual. É un baúl de historias e contos, de soños e imaxinacións. É a representación de que moitas cousas diferentes poden integrar un todo, coa capacidade de iluminar o ceo e os nosos ollos cando os diriximos cara a el. É por isto polo que o arco da vella representa a diversidade, o bonito da diferenza integrada nunha construción visual composta de sete cores.

Non sempre temos a oportunidade de que o arco da vella se mostre ante os nosos ollos, pero cando o fai, brillando con todo o seu esplendor, lembramos que sempre estivo aí. O mesmo acontece coa diversidade que representa. Non sempre foi visible, pero sempre estivo con nós, agochada e disposta a ser sen medo despois da treboada.

Nesta exposición propoñémosche facer un percorrido polo noso propio arco da vella en Galicia. Viaxaremos polo pasado e polo presente a bordo dalgunhas ideas e conceptos que deron forma á defensa dos dereitos e liberdades das persoas que non se axustaron á norma sexual e de xénero, aos estereotipos e aos valores sociais que nos precederon. Apúntate connosco, quizais descubras que aínda queda moito camiño por andar.
Visita en liña
SEN CANCELAS.
Máis información
Esta exposición foi inaugurada o 0/0/0
- Itinerancias
- Como solicitar a exposición
Ficha técnica 
Exposición.
Sen cancelas
SEN CANCELAS
Cando
IES O Couto, Ourense, do 2 ao 15 de abril de 2024
Onde
Ourense