Presentación - A memoria do teatro galego na Transición (1973-1983). Venres, 5 de xullo de 2024

A memoria do teatro galego na Transición (1973-1983)

Presentación

A memoria do teatro galego na Transición (1973-1983)

Presentación dos capítulos 3 e 4 na 41 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

Venres, 5 de xullo de 2024
Cangas
Presentación

A memoria do teatro galego na Transición (1973-1983)

Presentación dos capítulos 3 e 4 na 41 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

Venres, 5 de xullo de 2024 Cangas
O Consello da Cultura Galega presenta, no marco do programa da 41 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, os capítulos 3 e 4 da serie A memoria do teatro galego na Transición (1973-1983). O acto terá lugar o venres, 5 de xullo de 2024, ás 19:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Cangas.

Participarán Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, Araceli Gestido Rodríguez, alcaldesa de Cangas, Cristina Domínguez, coordinadora da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais, Eduardo Alonso e Tito Asorey.

A memoria do teatro galego na Transición (1973-1983)

Este proxecto trata sobre a recuperación, a través da memoria dos seus protagonistas e de documentos audiovisuais da época, dun período fundamental para a construción da identidade social e cultural da Galicia contemporánea. Mentres que os dous primeiros capítulos versaron sobre o movemento teatral nas cidades e vilas, que acolleron ou propiciaron o nacemento do teatro galego profesional, antes do ano 1978; os dous seguintes céntranse nas accións realizadas para a configuración e a consolidación do sector escénico, máis concretamente do teatro en Galicia, e tamén na importancia do traballo desenvolvido, nestes inicios, polas mulleres do teatro.

- O capítulo 3, "A institucionalización do teatro galego", relata a articulación do teatro galego nos anos oitenta, cando aparecen as institucións que vertebran a actividade cultural en Galicia. Así, neste documental indagamos na paulatina transformación do teatro galego cara á institucionalización, por medio de entrevistas a persoas vinculadas a festivais, institucións e compañías que naceron ao abrigo da creación da Comunidade Autónoma Galega, persoas vinculadas á escena ou á política e que, dun xeito ou doutro, protagonizaron esa década.

- No capítulo 4, "As mulleres do teatro da transición", analízase o importante rol xogado polas mulleres no proceso de profesionalización do teatro galego. Nel entrevistamos a fundadoras das primeiras compañías de teatro profesional galego, e indagamos na presencia das mulleres noutras funcións profesionais copadas, nese momento, polos homes do teatro galego (dramaturgas, directoras, produtoras, programadoras). Ademais, investigaremos nos vínculos que as mulleres da escena galega foron creando coas mulleres da escena portuguesa e que se materializou en importantes colaboracións artísticas.

Participantes nos capítulos 3 e 4:
Concha Abad, Ánxela Abalo, Casilda Alfaro, Eduardo Alonso, Rosa Álvarez, Luis Alvarez Pousa, Mª Cruz Andrade, María Barcala, Diego Bárcena, María Costas, Quico Cadaval, Xerome Calero, Ánxeles Cuña, Luisa Merelas, Antonio Durán Morris, Salvador Forján, Luma Gómez, Xulio Lago, Antón Lamapereira, Pilar López, Manuel Lourenzo, Paco Oti, Cándido Pazó, Laura Ponte, Mª Xosé Porteiro, Isabel Rey, Jorge Rey, Mabel Rivera, Marcelino de Santiago Kukas, Moncho Varela.

Entrevistadores:
Tito Asorey, Vanesa Sotelo, Roberto Pascual, Melania Cruz, Dolores Vilavedra, Inma López Silva, Roi Vidal.

Produción:
Sara Rey

Fotografía:
Jairo Iglesias e Pedro Tizón

Edición:
Tito Asorey e Jairo Iglesias

Dirección:
Tito Asorey
Ficha técnica 
Presentación
A memoria do teatro galego na Transición (1973-1983)
Presentación dos capítulos 3 e 4 na 41 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas
Cando
Venres, 5 de xullo de 2024
Onde
Cangas
Lugar

Concello de Cangas
Salón de Plenos
P.º de Castelao, 2
36940 Cangas, Pontevedra