Aldea do Couto, 30 de agosto de 2024Aldea do Couto (Ponteceso)
A colaboración que anualmente establece o Consello da Cultura Galega coa Fundación Pondal para a realización do Festiletras leva nesta edición de 2024 o fondo do mar ás corredoiras da Aldea do Couto en Ponteceso. Será o venres, 30 de agosto, cando no marco da programación do Festiletras orientado á xente máis miúda, unha grande expedición artística aos fondos mariños alertaranos contra a contaminación e concienciaranos sobre coidado dos océanos. Lucho Penabade e Yago Espasandín guiarán a travesía mariña na que atoparemos manta raias, cabalinos de mar e baleas xigantescas e faranos partícipes dos grandes descubrimentos para lembrarnos a necesidade de manter os ecosistemas mariños libres de plásticos e verquidos tóxicos. Un espectáculo de animación de rúa con moito salitre e escamas para todos os públicos.
Desde 1989 Lucho Penabade, da compañía de Os Quinquilláns, vén realizando espectáculos de rúa, infantís, montaxes de sala, escenificacións ad hoc e visitas teatrais. Entre as súas montaxes destacan As Viaxes Fantásticas 1996, Irmandiños1998, Moby Dick 2004, A Diáspora 2005, O Mago de Oz 2005, No fondo do mar 2007, Arrieiros 2008, Francesco e os paxaros (distribuída tamén en Italia e Francia), Merlín 2013 e O Capricho do teatro, baseada na obra de Roberto Vidal Bolaño.
A partir de 2013 a compañía especializouse en visitas teatrais con numerosas representacións en lugares emblemáticos da cultura galega como o: Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro, dolmen de Dombate, castro da Cidade de Borneiro, castro de Santa Tegra, castelo de Vimianzo, Castelo de Monterrei, castelo de Moeche, castelo de Sobroso,A Batalla de Altamira en Brión, Torres do Allo en Zas, Pazo de Oca, Ribadeo Indiano, Batalla de Cacheiras en Teo, Per Caminho de Lampai en Teo ou A Raíña Lupa e o Encanto do Pico Sacro en Boqueixón entre outras moitas.
Máis información en www.festiletras.gal
Artes escénicas
Un paseo polo fondo do mar no Festiletras
Aldea do Couto, 30 de agosto de 2024Aldea do Couto (Ponteceso)
LUGAR Aldea do Couto s/n
Ponteceso (A Coruña)
MAÍS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.ga
www.festiletras.gal
Artes escénicas
Un paseo polo fondo do mar no Festiletras
Aldea do Couto, 30 de agosto de 2024Aldea do Couto (Ponteceso)
Solicita a túa inscrición
Un paseo polo fondo do mar no Festiletras
Artes escénicas. Aldea do Couto, 30 de agosto de 2024
Ficha técnica
Artes escénicas Un paseo polo fondo do mar no Festiletras