Exposición - Luces de alén mar. Casa da Cultura de Burela, do 20 de agosto ao 10 de setembro de 2024

Luces de alén mar

Luces de alén mar Exposición

Luces de alén mar

Casa da Cultura de Burela, do 20 de agosto ao 10 de setembro de 2024
Burela
Exposición
Luces de alén mar

Luces de alén mar

Casa da Cultura de Burela, do 20 de agosto ao 10 de setembro de 2024 Burela

O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega vén traballando desde os seus inicios, en 1992, na recuperación e posta en valor da memoria e dos importantes legados dos emigrantes galegos. Moi logo prestou atenciónás accións solidarias e exemplarmente altruístas daqueles que financiaron, implementaron,custearon e sostiveron as construcións escolares, retribuíndo a Galicia coas remesas propiciadoras da escolarización e da instrución. Un caso único o de Galicia, por certo, na historia das colectividades de emigrantes.


Para a realización destes e doutros proxectos de recuperación, ordenación e estudo do patrimonio legado polos nosos emigrantes contou, e conta, o Consello da Cultura Galega coa colaboración e axuda da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Esta parcería fixo posible, entre outros proxectos, a catalogación das construcións escolares financiadas polos emigrantes nas catro provincias galegase, tamén, a exposición que agora presentamos.


Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia vén a subliñar, dunha parte, a dimensión da efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América e, doutra, as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia dos emigrantes.

Temáticas
Máis información
Esta exposición foi inaugurada o 28/6/2012
- Itinerancias
- Como solicitar a exposición
Ficha técnica 
Exposición
Luces de alén mar
Luces de alén mar
Cando
Casa da Cultura de Burela, do 20 de agosto ao 10 de setembro de 2024
Onde
Burela