Presentación - Na procura do son perdido. A zanfona, memoria da transición

Na procura do son perdido

Presentación

Na procura do son perdido

Martes, 8 de outubro de 2024

A zanfona, memoria da transición
Santiago de Compostela
Presentación

Na procura do son perdido

Martes, 8 de outubro de 2024

A zanfona, memoria da transición Santiago de Compostela
Este documental estuda o proceso de recuperación da zanfona, durante os anos da Transición democrática, como parte do proceso de construción dunha nova identidade musical galega. Coa conducción de María Xosé Porteiro, destacadas figuras da música tradicional galega explican como viviron o proceso de recuperación deste instrumento ao tempo que se incrementaba o interese pola recuperación do patrimonio cultural do país.



O documental conta con Ramon Pinheiro na dirección. Conducido pola xornalista e escritora María Xosé Porteiro, a peza audiovisual reúne as testemuñas de músicos e artesán que protagonizaron de forma directa o rexurdir da zanfona nas décadas de 1970 e 1980 e deron forma a un importante capítulo da cultura musical galega xerado no contexto da Transición política. Entre eles Antón Corral, Miro Casabella, Carlos Villanueva, Xosé L. Rivas Cruz “Mini” (Fuxan os ventos), Pablo Quintana, Luciano Pérez (Obradoiro da Deputación de Lugo) ou Emilio Cao. Tamén os membros do pioneiro grupo didáctico de Zanfonas da Escola de Gaitas de Ortigueira: María del Mar Fernández Polo, Marta Pérez Ojea e Vicente Bermúdez Garrote.

É unha realización de aCentral Folque para o Consello da Cultura Galega.
Ficha técnica 
Presentación
Na procura do son perdido
Martes, 8 de outubro de 2024
Cando
A zanfona, memoria da transición
Onde
Santiago de Compostela
Ámbito
Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)