Encontro - Mes do patrimonio inmaterial con Ponte nas Ondas . 5 e 7 de novembro de 2024

Mes do patrimonio inmaterial con Ponte nas Ondas

Encontro

Mes do patrimonio inmaterial con Ponte nas Ondas

5 e 7 de novembro de 2024
Santiago de Compostela
Encontro

Mes do patrimonio inmaterial con Ponte nas Ondas

5 e 7 de novembro de 2024 Santiago de Compostela

O Consello da Cultura Galega (CCG) colabora con Ponte nas Ondas no Mes do Patrimonio Cultural Inmaterial en Santiago de Compostela con dúas actividades que contribúen a difundir a riqueza do patrimonio oral galego-portugués no mundo. A sede do CCG acolle a proxección do documental O último afiador —coa presenza do seu director Aitor Rei—, unha peza que se achega a Florencio de Arboiro, persoa portadora do patrimonio cultural inmaterial (PCI) que faleceu o pasado 25 de setembro, e tamén a mesa redonda na que participan X. M. Reboredo, Guadalupe Jiménez-Esquinas, Cristina Sánchez Carretero e Álvaro Campelo sobre patrimonio cultural inmaterial galego-portugués. Ademais do Consello da Cultura Galega, nas actividades organizadas por Ponte nas Ondas na cidade compostelá colaboran a Universidade de Santiago, o Concello de Santiago de Compostela e o Ministerio de Cultura con actividades que se desenvolverán en diferentes espazos da cidade e que inclúen actuacións musicais, exposicións fotográficas, proxeccións, conferencias e recitais.
Ficha técnica 
Encontro
Mes do patrimonio inmaterial con Ponte nas Ondas
Cando
5 e 7 de novembro de 2024
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202